Recepción Atlético Guardés e Frigorífocos do Morrazo

10/03/2022

Recepción Atlético Guardés e Frigorífocos do Morrazo

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, e a deputada de Igualdade, Victoria Alonso, recibiron con todas as honras no Pazo Provincial ás e aos xogadores dos equipos de balonmán Atlético Guardés e Frigoríficos do Morrazo, clasificados para xogar a Copa da Raíña e a Copa do Rei respectivamente, a quen agasallaron cun trofeo conmemorativo do acto. Gorka Gómez felicitou aos equipos pola “fantástica temporada que están a facer, o que fala da boa saúde do balonmán na provincia de Pontevedra” e transmitiu a “satisfacción e orgullo” da Deputación porque a provincia estea representada nestas competicións. Gorka Gómez tamén destacou o compromiso da Deputación coa mellora dos equipamentos deportivos da provincia e a decisión de facer realidade a “demanda xusta do deporte feminino” de igualar as achegas ao masculino.

No acto tamén falaron representantes dos equipos, quen agradeceron a colaboración da Deputación e amosaron a súa ilusión por participar nestas competicións. Ademais, ambos equipos intercambiaron felicitacións e bos desexos o que amosa as sinerxías existentes entre os clubs da provincia.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.