Marta Fernández-Tapias participou na entrega de premios de La21 Media Maratón de Vigo

05/11/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou no acto de entrega de premios de La21 Media Maratón de Vigo, que tivo lugar nas instalacións do Club Náutico.

Na súa intervención, Fernández-Tapias destacou que esta proba, que en 2023 cumpriu o seu 25 aniversario, “referencia a Vigo como unha cita imprescindible desta distancia” e incidiu en que “une a toda a cidade e a todos os que gozan co atletismo, teñan a idade que teñan e sexan ou non federados”.

Tras felicitar as e os gañadores e todas e todos os participantes, a vicepresidenta reiterou o firme compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte como un dos seus eixes de acción fundamentais: “impulsaremos e apoiaremos competicións coma esta, que tanto axudan a construír, entre todos, máis provincia”.​