A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, participa en Mos nos actos organizados con motivo do trixésimo aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos

16/03/2024

XXX aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou en Mos nos actos organizados con motivo do trixésimo aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da vila. Sánchez felicitou a entidade “por estes trinta anos desenvolvendo un traballo moi necesario na defensa e no benestar da veciñanza de Mos” e subliñou que “o que facedes a diario contribúe, sen dúbida algunha, a construír unha mellor sociedade e isto é o que queremos desde a Deputación: un mundo responsable, comprometido e implicado”. Ademais, tamén amosou a vontade do Goberno provincial “de tender pontes cos concellos, coa cidadanía e co tecido asociativo que a conforma, así como con outras administracións. Temos un firme compromiso co diálogo e, para nós, é vital coordinar esforzos para poder prestar a mellor atención e os mellores servizos ás persoas desta provincia”.