O grupo ciclista Supermercados Froiz recibido na Deputación

16/02/2022

Kickboxing ABP Sport

O grupo ciclista Supermercados Froiz pasou pola Deputación, onde foi recibido polo deputado de Deportes Gorka Gómez.

O acto, que serviu de “pistoletazo de saída” da nova temporada serviu tamén para recoller as felicitacións da Deputación pola aposta polo ciclocross que vén de facer o equipo. Gorka Gómez destacou que estamos diante do “máximo expoñente do ciclismo na nosa provincia”.

O director do grupo deportivo, Evaristo Portela, destacou que na Deputación “o Froiz séntese en casa” e agradeceu o apoio de todo o colectivo de traballadores/as da institución provincial e, especialmente, da presidenta. En canto á planificación desta temporada, coa que están “moi ilusionados”, destacou que nunca prometen resultados, “pero si paixón e traballo”.