Luis López mantén un encontro institucional con representantes da Academia Xacobea
25/04/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo no Pazo provincial co presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís, e o presidente de honra, Xesús Palmou; co obxectivo de coñecer os proxectos nos que está a traballar a institución e explorar posibles vías de colaboración en temas de interese mutuo.
