Luis López asiste á inauguración do novo auditorio municipal de Marín, unha nova infraestrutura para espallar a cultura por toda a provincia
15/05/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste en Marín ao acto de inauguración do novo auditorio municipal xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda e a alcaldesa e deputada provincial María Ramallo. O mandatario provincial celebra a estrea dunha nova infraestrutura que contribuirá a espallar a cultura por toda a provincia. O programa do acto incluíu un percorrido institucional polas instalacións nas que tamén participaron o vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado de Cultura, Jorge Cubela.