Luisa Sánchez saúda en Bouzas a 140 participantes do programa +Convivencia antes de partir cara Ons e Sálvora

27/06/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, saudou este sábado en Bouzas ás 140 persoas que participan nunha visita guiada ás illas de Ons e Sálvora, dous dos enclaves naturais que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A actividade enmárcase no programa +Convivencia, unha iniciativa provincial destinada a fomentar o envellecemento activo, a participación social e o coñecemento do patrimonio natural e cultural. A representante provincial en Vigo desexou ás persoas participantes que gozasen dunha xornada proveitosa, ao tempo que salientou o valor deste tipo de accións para favorecer as relacións sociais e impulsar hábitos de vida activos.