Luisa Sánchez salienta o arraigo das Festas de Coia e reivindica a figura de Amelia García Domínguez ‘Meli’

04/07/2026

Luisa Sánchez salienta o arraigo das Festas de Coia e reivindica a figura de Amelia García Domínguez ‘Meli’

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este sábado no pregón das Festas de Coia, onde salientou o arraigo dunha celebración que figura entre as máis senlleiras de Vigo. Durante a súa intervención, tivo palabras de recoñecemento para a pregoeira desta edición, Amelia García Domínguez ‘Meli’, quen “demostrou que nunca é tarde para empezar de novo e os soños non entenden de idades”. A vicepresidenta felicitou á comisión de festas polo traballo realizado para sacar adiante unha nova edición e animou a veciñas e veciños a gozar do amplo programa preparado para os vindeiros días.