Luisa Sánchez inaugura o III Festival das Linguas e das Culturas en Vigo

26/09/2026

Luisa Sánchez inaugura o III Festival das Linguas e das Culturas en Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, inaugurou este sábado o III Festival das Linguas e das Culturas, celebrado na Praza do Berbés con gallo do Día Europeo das Linguas. A xornada, organizada pola Universidade de Vigo a través da Facultade de Filoloxía e Tradución e do Instituto de Investigación Lingua, reuniu actividades de literatura, teatro, música, danza e divulgación abertas ao público. A representante provincial en Vigo puxo en valor unha programación que permite achegar ao público propostas como o encontro con escritores, as clases breves de diferentes linguas ou as actividades vinculadas á creación literaria e artística. A Semana das Linguas, as Literaturas e a Tradución desenvolveuse durante toda a semana en distintos puntos da cidade, entre eles a sede da Deputación en Vigo, que acolleu os cursos de introdución ao éuscaro e ao lituano e a xornada ‘Letras en Feminino’.

Galerias de imagenes