Luisa Sánchez agradece á AECC os trinta anos de solidariedade do seu tradicional mercado de Nadal en Vigo

10/11/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, agradeceu á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) o seu labor solidario coa organización, cada ano, do tradicional mercado de Nadal, que este luns abriu as portas da súa trixésima edición. Durante unha visita ao local situado no número 1 da rúa Hernán Cortés, a representante provincial trasladou os seus parabéns ás máis de 60 persoas voluntarias que participan nesta actividade, coa que a AECC recada fondos para poder seguir dando apoio e acompañamento ás persoas doentes e ás súas familias, e tamén para achegando fondos á investigación. Luisa Sánchez animou á cidade a facer as súas compras cun compoñente solidario neste clásico mercado de Nadal, que permanecerá aberto de luns a sábado en horario de 10.30 a 13.30 e 17.00 a 20.00.

Galerias de imagenes