Luisa Sánchez participa en Vigo na reunión do xurado do Premio Peme do Ano 2026 na provincia de Pontevedra
14/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este luns na reunión do xurado do Premio Peme do Ano 2026 da provincia de Pontevedra. Este galardón outórgano a Cámara de Comercio de España e o Banco Santander, coa colaboración das Cámaras de Comercio territoriais e as principais cabeceiras da prensa española. Esta distinción procura recoñecer o desempeño das pequenas e medianas empresas, que contribúen a creación de emprego e a xerar riqueza no noso país. Ademais do premio nacional, cada provincia concede catro accésits: Internacionalización, Dixitalización e Innovación, Formación e Emprego e Peme Sostible. Luisa Sánchez remarcou a importancia de recoñecer a “aqueles que levantan a persiana todos os días para contribuír ao crecemento da nosa provincia”.
