A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas do programa +Bosques

Serán dezaseis percorridos que terán lugar todos os sábados e domingos de outubro, desde o sábado 4 no Pazo de Lourizán ata o domingo 26 polo Carreirón

20/09/2025

A Deputación de Pontevedra abre este luns 22 de setembro o prazo para inscribirse nos últimos percorridos do programa provincial +Bosques, unha iniciativa que promove o contacto directo coa natureza e permitirá ás persoas participantes, 15 por quenda, gozar das vantaxes dos “baños de bosques”. Esta iniciativa permitirá desfrutar de rutas en outubro desde o sábado 4 no Pazo de Lourizán ata o domingo 28 polo río Eifonso. As persoas interesadas en participar nestas actividades poderán inscribirse a partir das 9:00 horas deste luns a través dun formulario que se habilitará no sitio web da Deputación. 

Os percorridos comezarán o sábado 4 de outubro no Pazo de Lourizán (Pontevedra) e continuarán o domingo 5 de outubro polo río Eifonso (Vigo), unha actividade que se repetirá o 12 de outubro. Ademais, o sábado 11 e o sábado 25 de outubro chegarán a Cabo Udra (Bueu), o sábado 18 de outubro á Ruta da Pedra e da Auga, o domingo 19 de outubro á illa de Tambo e ao Pazo de Lourizán, e o domingo 26 de outubro ao Carreirón.

+Bosques duplicou este ano a oferta de percorridos en sete espazos da costa e o interior da provincia onde poder coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Todas as rutas, algunhas delas pola tarde, proporcionaron ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. Deste xeito, promovéronse a estimulación sensorial a través do olfacto, o tacto, a vista, o oído e o gusto, así como a realización de exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural da provincia.

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 9 resultados.