Luisa Sánchez subliña a importancia de visibilizar o cancro de mama en homes para mellorar a atención aos pacientes

13/10/2026

Luisa Sánchez subliña a importancia de visibilizar o cancro de mama en homes para mellorar a atención aos pacientes

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este martes na xornada impulsada pola Asociación de Pacientes con Cancro de Mama Masculino (INVI) coa colaboración da Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) na sede provincial en Vigo para concienciar sobre o cancro de mama en homes. Durante os diferentes relatorios e charlas, profesionais e pacientes fixeron fincapé na importancia de investir en investigación e visibilización malia que só o 1% dos pacientes son varóns. “O cancro de mama masculino é pouco frecuente, pero non podemos convertelo en irrelevante. Debemos evitar que a súa escasa presencia supoña unha dificultade engadida para quen o padece”, recalcou Luisa Sánchez.

Galerias de imagenes