Rafa Domínguez comunica a cesión ao Museo do Pobo Galego do debuxo do álbum Nós de Castelao ‘Na veira do Miño’

20/10/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou hoxe no Museo de Pontevedra o debuxo ‘Na veira do Miño’ de Castelao, a lámina nº 39 do ‘Álbum Nós’, acompañado da artista e cineasta Diana Gonçalves. ‘Na veira do Miño’ vai saír en préstamo cara ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Alí será unha peza clave da exposición-instalación ‘Transfronteiriza’, que se inaugura o 22 de outubro e se poderá visitar ata o 28 de marzo de 2027. Este proxecto de Diana Gonçalves céntrase na historia da Raia, a fronteira entre Galicia e Portugal, resultado de tres anos de investigación e creación. Esta é a primeira vez que se cede para unha exposición un dos debuxos orixinais do ‘Álbum Nós’, adquiridos pola Deputación para o Museo de Pontevedra en xaneiro de 2021.

Galerias de imagenes