Luisa Sánchez salienta en Vigo o impacto da Copa Máis Enerxía no deporte feminino e de base

24/03/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, salientou este martes o impacto que ten no deporte feminino e de base a Copa Máis Enerxía, que se disputará do 2 ao 4 de abril nas instalacións deportivas da Madroa. A tamén deputada de Deportes destacou o carácter internacional dunha competición que reunirá a máis de mil xogadoras de categoría alevín, infantil e cadete pertencentes a 46 equipos procedentes de distintos concellos de Galicia, de Portugal e de Castela e León.

Igualmente, a representante provincial no acto de presentación celebrado na sede social do Real Club Celta valorou o impacto positivo que este torneo terá sobre o turismo en Vigo, xa que se agarda a visita de máis de 3.000 persoas entre equipos, familias y afeccións. Neste sentido, recordou que o turismo deportivo é un eixo central na acción da Deputación de Pontevedra. Finalmente, Luisa Sánchez trasladou unha mensaxe de ánimo, desexando sorte a todos os equipos da provincia que participarán na cita.

Galerias de imagenes