Luisa Sánchez eloxia o Plan Estratéxico 120 do Real Club Náutico de Vigo por constituír un “proxecto de cidade”

16/04/2026

Luisa Sánchez eloxia o Plan Estratéxico 120 do Real Club Náutico de Vigo por constituír un “proxecto de cidade”

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, eloxiou este xoves o Plan Estratéxico 120 presentado polo Real Club Náutico de Vigo por constituír “un proxecto de cidade” e non só un proxecto de club. A representante provincial puxo en valor o cambio de rumbo do Náutico cara a unha visión máis aberta e conectada con Vigo e salientou que a folla de ruta que se acaba de anunciar alíñase coa aposta provincial polo deporte e o desenvolvemento sostible.

Luisa Sánchez cualificou de “ilusionante” a aspiración de converter a Vigo en punto de saída e chegada dunha volta ao mundo en solitario sen escalas e destacou o impacto económico e turístico dos grandes eventos náuticos, como a próxima acollida da regata Le Solitaire du Figaro que patrocina a Deputación de Pontevedra. Así mesmo, apoiou ao Náutico no seu desexo de converterse na porta de entrada de Vigo ao seu mar. “Desde a Deputación estaremos ao voso carón en todo o que poidamos”, concluíu, amosando o respaldo institucional a un proxecto “valente” que proxecta o club cara ao futuro.