Luisa Sánchez destaca o presente e o futuro do Poio Pescamar na presentación da nova tempada
11/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou na presentación da nova tempada do Poio Pescamar Fútbol Sala, celebrada este venres no Mosteiro de Poio. A responsable provincial puxo en valor os éxitos que está a acadar o club, tanto co equipo feminino como co masculino, e salientou o papel fundamental da canteira, con máis de 200 nenos e nenas integrados na estrutura da entidade deportiva.