Luisa Sánchez acode á saída da regata inclusiva Vigo a Vela
10/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu á saída da regata inclusiva Vigo a Vela, impulsada polas firmas MundiNova e QualityNova coa colaboración do Real Club Náutico de Vigo, Sailway, ASDEGAL e diversas entidades sociais. A representante provincial na cidade acompañou aos participantes no inicio dunha proba que procura eliminar barreiras e abrir o deporte ás persoas con distintas capacidades. A vicepresidenta felicitou á organización da regata, que ofrece a calquera persoa a oportunidade de tomar o temón, formar parte dunha tripulación e sentir a emoción de navegar.

