Rafa Domínguez clausura o XIX Certame Galego de Bandas de Música

11/10/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este domingo no Pazo da Cultura da capital da provincia á clausura do XIX Certame Galego de Bandas de Música, no que participaron dez bandas galegas e sete portuguesas “que demostraron o elevadísimo talento musical da eurorrexión”. Domínguez subliñou que o certame puxo enriba da mesa “que a música é cultura pero tamén tradición e compañeirismo” e situou ás dezasete bandas como gañadoras en canto a compromiso, dedicación, solidariedade e traballo en equipo. Ademais, o vicepresidente remarcou o arraigo das bandas de música na provincia de Pontevedra, ás que agradeceu o papel que desenvolven “na difusión do patrimonio inmaterial e musical da nosa terra”. Neste eido, amosou o compromiso do goberno provincial para que “sigades facendo o que tan ben facedes, porque iso significa tamén apoiarvos como embaixadores da provincia de Pontevedra”.