Rafa Domínguez destaca a capacidade de Pontevedra para acoller grandes eventos deportivos na inauguración do Campionato Mundial Multideporte

20/06/2025

Rafa Domínguez na inauguración do Campionato Mundial Multideporte

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres nos actos de inauguración do Campionato Mundial Multideporte de Pontevedra (Multisport World Championships). “Estamos nunha provincia na que o deporte é un dos seus maiores sinais de identidade, a provincia do deporte, pero queremos selo aínda máis da man de grandes eventos como este para seguir posicionándonos no mundo como o grande estadio deportivo que é”, sinalou o vicepresidente, que puxo en valor que “somos canteira en todas as disciplinas, non hai nada que se nos resista, e por iso non llelo imos poñer doado aos preto de 4.000 atletas que competirán estes días en Pontevedra á hora de acadar as primeiras posicións”.

O vicepresidente da Deputación destacou que “este goberno nunca dubidou á hora de colaborar co Mundial para garantir que sumemos un novo éxito á lista de fitos históricos deportivos da cidade e a provincia, que repite tras 2019 e no próximo ano tamén como sede da final das Series Mundiais, que xa acolleu en 2023”. Pero neste sentido, Domínguez animou a que “non nos acomodemos, porque xa somos unha referencia no mundo do tríatlon, E queremos que isto non sexa a aceptación senón a norma en toda disciplina e todo o territorio provincial”. Por iso, indicou o vicepresidente, “estamos facendo grandes esforzos para consolidarnos, apostando por todos os axentes implicados” e “desde a maior das lealdades institucionais”.

Galerias de imagenes