O vicepresidente Rafa Domínguez recibe aos participantes do programa de intercambio europeo Lalín saúda a Linden

24/07/2026

O vicepresidente Rafa Domínguez recibe aos participantes do programa de intercambio europeo Lalín saúda a Linden

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu hoxe no Pazo provincial aos 50 participantes do intercambio xuvenil Lalín saúda a Linden. Este encontro reúne ata o 31 de xullo a 36 mozos e mozas de entre 15 e 22 anos procedentes de Lalinde en Francia, St Georden am Walde (Austria), Schleswing-Holstein, de Alemaña; Lubbeck, Bélxica, e Cruijk, nos Países Baixos, xunto a 15 membros do Comité de Irmanamento de Lalín (Cirla) na capital dezana. O grupo achegouse no día de hoxe a Pontevedra para coñecer a vila e descubrir o modelo de cidade sostible. A Deputación organizou unha visita guiada ao casco histórico da cidade, outra ao Museo de Pontevedra e, por último, ao Pazo provincial.

Galerias de imagenes