Rafa Domínguez destaca o carácter internacional do Torneo Interpontes como escaparate de Pontevedra e do deporte de alto nivel

13/08/2026

Rafa Domínguez destaca o carácter internacional do Torneo Interpontes como escaparate de Pontevedra e do deporte de alto nivel

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe na presentación da segunda edición do Torneo Internacional de Balonmán Interpontes, unha cita que reúne entre hoxe e mañá en Pontevedra a catro equipos de primeiro nivel europeo: o Telekom Veszprém, o FC Porto, o Club Cisne e o Frigorífico do Morrazo Ccangas.

“Interpontes é un exemplo da capacidade de Pontevedra para acoller grandes eventos deportivos e proxectar a nosa provincia a nivel internacional”, destacou Domínguez, quen puxo en valor o traballo dos clubs e das entidades organizadoras para consolidar esta cita no calendario deportivo.

Galerias de imagenes