Rafa Domínguez asiste á toma de posesión de Manuel Toucedo como novo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

20/03/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta mañá ao acto de toma de posesión do novo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Manuel Touceda Souto. O estradense regresa a Pontevedra despois dun ano en Lugo e informou de que algunhas das súas prioridades serán o reforzo da colaboración coas policías locais da provincia ou a loita contra a violencia de xénero e a ciberdelincuencia, que segue a aumentar ano tras ano. No acto, que se celebrou no Acuartelamento da Garda Civil da cidade, participaron, ademais do xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias, diferentes autoridades civís e militares.