Luis López salienta a importancia de consolidar á provincia como plató de cinema nunha visita á rodaxe da película “Antes de Nós”, sobre a vida de Castelao en Pontevedra

17/09/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, o deputado de Cultura, Jorge Cubela; e o conselleiro de Cultura da Xunta, José López; visitou a rodaxe da película “Antes de Nós” —centrada na vida de Castelao, protagonizada por Xoán Fórneas e dirixida por Ángeles Huertas— que se filma estes días na zona vella de Pontevedra. O dirixente asistiu á filmación dunha das escenas na rúa Figueroa e tivo a oportunidade de coñecer e conversar co equipo da película.

O mandatario provincial destacou a relevancia que ten para a cultura e o turismo acoller este tipo de rodaxes, que posicionan á provincia como plató de cinema e constitúen unha oportunidade para dar a coñecer espazos urbanos e naturais e achegar o destino Rías Baixas a potenciais visitantes.

Galerias de imagenes