A Deputación destina preto de 30.000 euros para financiar melloras no Lalín Arena

Parte dos recursos, procedentes todos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, permitirán que Lalín poida acoller o partido entre as seleccións masculinas absolutas de España e Serbia de balonmán o próximo 8 de maio

26/03/2024

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar dúas axudas ao Concello de Lalín ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas por importe de máis de 27.000 euros. Ata o momento, o Goberno provincial xa mobilizou máis de 860.000 euros dos 4 millóns de orzamento total do plan, que se abriu a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Polo de agora xa se aprobaron recursos para Pazos de Borbén, Barro, Cerdedo-Cotobade, Redondela, Poio, Arbo, Crecente, Meis, Catoira, Cangas, Salceda de Caselas, Marín, A Cañiza, Fornelos de Montes, Covelo e Lalín.

O Concello de Lalín dedicará unha achega de 17.992,70 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas á subministración de dúas pantallas LED que se situarán nos frontais da pista central do Lalín Arena, na parte traseira das porterías. Con esta actuación, a Deputación garantirá que o Concello de Lalín poida acoller o partido internacional de balonmán no que se enfrontarán as seleccións masculinas absolutas de España e Serbia o próximo 8 de maio, un encontro decisivo para a clasificación do mundial de 2025. Esta é unha das esixencias técnicas da Federación Internacional de Balonmán para as instalacións, e as pantallas permitirán tanto o seguimento do encontro como a visualización de estatísticas en tempo real.

Coa segunda achega aprobada, o Concello de Lalín dotará estas instalacións dun elevador acuático portátil que permitirá o acceso ao interior dos vasos da piscina ás persoas con discapacidade, co obxectivo de que estas sexan completamente autónomas no seu uso. Este investimento recibe unha achega da Deputación de 9.504 €.

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.