Luisa Sánchez reivindica o liderado industrial de Vigo na inauguración da 35ª edición do Salón do Automóbil

04/03/2026

Luisa Sánchez reivindica o liderado industrial de Vigo na inauguración da 35ª edición do Salón do Automóbil

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores na inauguración da 35ª edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebra no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) hasta o 8 marzo. No acto, a representante provincial puxo en valor o “escaparate” que supón este evento “consolidado como un dos grandes escaparates do motor en Galicia”. Igualmente, salientou “o liderado e o peso estratéxico” da automoción para a provincia, destacando que “cando Vigo fala de motor e de automóbil, fala de identidade, de emprego, de historia e de futuro”. Luisa Sánchez remarcou o compromiso da institución provincial cun ámbito que xera miles de postos de traballo e sitúa á cidade como referente internacional. “Quero mostrar o recoñecemento da Deputación de Pontevedra a este salón, ao que redobramos o apoio coa chegada do actual goberno”, afirmou, incidindo no respaldo que ofrece a Deputación ao mundo do motor desde o deporte.