A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas ao abeiro do programa SmartPeme

Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade, márketing dixital e programación

12/05/2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, o márketing dixital e a programación.

As accións formativas inícianse este luns, 13 de maio, ás 10:30 horas, con "Ciberseguridade, uso da VPN". O obxectivo deste obradoiro, que será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire, é o de fomentar e dar a coñecer o uso das VPN.

O martes 14 terá lugar a acción formativa de "Márketing Dixital en TikTok" de 12:00 a 13:00 horas da man de  Alejandra Guillermo, licenciada en Marketing e Publicidade e con ampla experiencia na creación de contido para redes. O obradoiro abordará as accións orgánicas e as accións de pago e, ademais, dará a coñecer o manexo de TikTok for Business.

A oferta formativa para esta semana conclúe o mércores 15 a partir das 10:30 horas, co taller "Programación con Arduino Módulo II – Parte I" onde Manuel Freire continuará afondando neste sistema de programación.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.