A Deputación abre o luns o prazo para que as empresas do sector turístico da provincia participen nos workshops deste ano, que levarán a Pontevedra ata Valladolid e Xixón

A Deputación abre o luns o prazo para que as empresas do sector turístico da provincia participen nos workshops deste ano, que levarán a Pontevedra ata Valladolid e Xixón

19/06/2026

A Deputación abre o luns o prazo para que as empresas do sector turístico da provincia participen nos workshops deste ano, que levarán a Pontevedra ata Valladolid e Xixón

A Deputación de Pontevedra abre o vindeiro luns 22 de xuño o prazo para que as empresas do sector turístico da provincia poidan participar nos workshops previstos para este ano, que levarán a provincia ata Valladolid e Xixón os días 21 e 22 d outubro. “Son xa citas consolidadas no calendario de promoción turística da institución provincial que combinan encontros individualizados profesionais para xerar oportunidades de negocio coa presentación do destino Rías Baixas”, recordou o presidente provincial, Luis López.

Os workshops enmárcanse na estratexia de difusión do destino Rías Baixas e irán na liña da campaña de promoción turística deste 2026, A túa meta, o teu destino. A inscrición, que comeza o luns, estará aberta ata o 3 de xullo e as empresas da provincia que desexen participar poderán formalizala a través da páxina web www.workshopriasbaixas.com.

No 2023 a Deputación organizou workshops en Alacante e Barcelona, no 2024 en Málaga e Madrid, e no 2025 en Zaragoza e Barcelona., “Todos os anos esgotamos as prazas dispoñibles para participar e adoitan ser encontros moi frutíferos para todos os participantes”, asegurou o presidente provincial, que se mostrou convencido de que “este ano non vai a ser a excepción, de tal maneira que poderemos seguir avanzando na promoción do noso territorio, desta provincia extraordinaria.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.