Luisa Sánchez enxalza as tradicións e o modo de vida rural na XII Festa da Sementeira do Millo de Matamá
17/05/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado á XII Festa da Sementeira do Millo de Matamá, na que enxalzou as tradicións e o modo de vida rural que pon en valor cada ano esta celebración. En Matamá, Sánchez puido desfrutar da recreación da labranza tradicional, así como descubrir a feira tradicional, con postos de artesanía, unha mostra etnográfica e, entre outros, exhibición de animais de granxa.