#ENFERMERÍA
ESCOLA DE ENFERMERÍA
Título de Grao en Enfermería
Está integrado na rama de Ciencias da Saúde e capacita para o exercicio da profesión regulada de enfermería formando profesionais cunha preparación científica e humana necesaria para atender as necesidades de saúde e coidados das persoas sas ou enfermas ao longo da súa vida, das familias e da comunidade nos distintos niveis de atención sanitaria.
Máis información

#CANTERÍA
ESCOLA DE CANTERÍA
Desde 15 de xaneiro de 1979
A finalidade da Escola é conservar e promover un dos oficios máis antigos e nobres de Galicia, o de cantería, para ensinar a arte de traballar a pedra. A Escola desenvolve as súas actividades como un obradoiro de traballo artesanal en pedra, no que se combinan o ensino teórico e o práctico.
Máis información
NOVAS SOBRE FORMACIÓN
O laboratorio creativo Conecta Lab, da Deputación de Pontevedra e crea, converte a Illa de San Simón no epicentro da creación audiovisual galega
12/04/2023
Nove estudantes de FP da provincia completan a súa formación en Europa da man do programa da Deputación Erasmus+
11/04/2023
O CPI de Mosteiro-Meis acolle mañá martes a proxección do documental sobre Domingo Fontán impulsada pola Deputación
10/04/2023
