#COHESIÓNSOCIAL
Cursos gratuítos de Español
Para a Preparación do DELE A2
Os cursos teñen por obxectivo a preparación preeminentemente práctica das probas (orais, escritas e de comprensión) do exame para obter a certificación do nivel A2 de español do Instituto Cervantes (DELE A2), empregando supostos prácticos e simulacros de exame. ademais de desenvolver destrezas e estratexias para rendibilizar os coñecementos e adaptalos á duración da proba.
Destinado a persoas inmigrantes que reúnan os seguintes requisitos:
- Atoparse en situación regular en España.
- Ser maiores de 16 anos.
- Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra.
- Saber ler e escribir.
- Ter coñecementos básicos da lingua española (o nivel do curso será o A2 do MCER).
- Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2.
Ofértanse tres edicións de ata sesenta prazas, cun máximo de vinte alumnas e alumnos por curso.
- Primeira edición: Vigo
- Datas: do 19 de maio ao 3 de xuño de 2025
- Lugar: o que determine a Deputación
- Días: de luns a venres
- Horario: de 10.00 a 13.15 horas
- Segunda edición: Pontevedra
- Datas: do 9 ao 24 de xuño de 2025
- Lugar: o que determine a Deputación
- Días: de luns a venres
- Horario: de 10.00 a 13.15 horas
- Terceira edición: Lalín
- Datas:do 9 ao 19 de setembro de 2025
- Lugar: o que determine a Deputación
- Días: de luns a venres
- Horario: de 9.30 a 13.45 horas
Ligazóns de interese
Documentos
-
Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo para a realización de cursos de español para a preparación do DELE do nivel A2
-
Resolución Presidencial aprobando a relación provisional de solucitudes admitidas e excluídas (15/04/2025)
-
Lista provisional de persoas admitidas (15/04/2025)
-
Lista provisional de persoas excluídas (15/04/2025)
-
RP aprobando a lista definitiva de persoas admitidas (15/05/2025)
-
Resultados das probas de nivel de Vigo e Pontevedra (15/05/2025)
-
Lista definitiva de persoas excluídas (15/05/2025)
-
Adxudicación de prazas do curso de Vigo (15/05/2025)
-
RP adxudicación de prazas nas edicións de Lalín e Pontevedra e lista de agarda de Pontevedra (10/06/2025)
-
Adxudicación de prazas do curso de Lalín (10/06/2025)
-
Adxudicación de prazas do curso de Pontevedra (10/06/2025)
-