SmartPeme imparte esta semana tres novos obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta, entre outros, cursos sobre WordPress, optimización de imaxes e márketing dixital

14/02/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán a creación de páxinas web profesionais, a optimización de imaxes e a importancia do márketing dixital.

O primeiro dos obradoiros ten lugar este luns 14 e nel María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, imparte un taller titulado “Crea unha páxina profesional con WordPress II” no que ensina as posibilidades desta ferramenta á hora de crear un sitio web así como o deseño, desenvolvemento e xestión do mesmo.

O martes 15 Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, falará sobre a “Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web”. Este obradoiro afondará en diferentes técnicas para lograr optimizar as imaxes e que os sitios web se visualicen no menor tempo posible, algo que axuda a mellorar o SEO.

Para rematar a semana, o mércores 16 Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, ensinará como crear “O teu plan de márketing dixital paso a paso”, unha ferramenta esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.