Luisa Sánchez asiste en Vigo á final da Liga Galega de Rugby da categoría M18

22/03/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado á final da Liga Galega de Rugby da categoría M18, que se celebrou no campo de rugby da Universidade de Vigo e enfrontou o Kaleido Vigo Rugby Club co Mareantes Rugby Club de Pontevedra. A vicepresidenta referendou así o apoio da institución provincial a estes dous clubs, habituais beneficiarios das axudas provinciais ao deporte de categoría inferior á estatal. Ademais, Sánchez lembrou que a sede da Deputación en Vigo acolleu o pasado ano o acto de conmemoración dos 35 anos de vida do Vigo Rugby Club.

Galerias de imaxes