#CulturaEnFamilia

Historias cavadas

Visitas escenificadas aos castros da provincia

Unha vez emprendida a musealización nos castros da provincia coa colaboración da Deputación de Pontevedra, do Ministerio de Fomento e dos propios concellos, e co compromiso da súa dinamización in situ, o pasado 2021 puxemos en marcha un programa de visitas teatralizadas desde a sustentabilidade, a accesibilidade e a inclusión de todos os públicos.


A protección, conservación e difusión do noso patrimonio é un dos cometidos das administracións públicas; neste caso, a Deputación de Pontevedra vela e colabora co mantemento do noso patrimonio para que se lles poida transmitir ás xeracións futuras. O obxectivo que se procura coas actividades nestes enclaves patrimoniais é que a historia, o valor cultural, o contexto social e o significado artístico, patrimonial e simbólico destes xacementos arqueolóxicos sexa interpretado e lle chegue ao público dunha maneira amena e didáctica, que axude a comprender o importantísimo papel que teñen como testemuña do pasado e o indispensable labor de recuperación e respecto que se realiza para sacalos á luz e que continúen a súa historia cara ao futuro.

Tras o éxito da primeira edición, a Deputación de Pontevedra, a través da súa área de Cultura, fai crecer o programa e pon en marcha a segunda tempada de “Historias cavadas”, esta vez en cinco novos castros da provincia neste mes de setembro e da man do teatro e da escenificación coa compañía Troula Animación.

OS CASTROS DESTA EDICIÓN: DATAS E HORARIOS

INSCRICIÓN

  • Prazas limitas: 30 por visita
  • Necesaria reserva en historiascavadas2022@gmail.com
  • Indicarase o nome do castro e a data da visita, o nome completo das persoas participantes (4 prazas como máximo por reserva) e un teléfono de contacto
  • A reserva de praza só será efectiva unha vez confirmada a inscrición pola compañía de teatro
  • As visitas serán accesibles e inclusivas, contando con intérprete de lingua de signos baixo demanda

Noticias relacionadas

 
		A Deputación esgota as 440 prazas para as “Historias cavadas” nos castros e as rutas de arquitectura pola provincia

A Deputación esgota as 440 prazas para as “Historias cavadas” nos castros e as rutas de arquitectura pola provincia

O programa de visitas teatralizadas a cinco xacementos arqueolóxicos arranca este venres en Castrolandín (Cuntis), mentres que os roteiros de arquitectura comezarán o vindeiro día 17