A Deputación súmase un ano máis á “Hora do Planeta” apagando as luces dos seus edificios

A institución provincial mantén o seu compromiso con esta iniciativa simbólica de WWF a favor da natureza e contra o cambio climático

25/03/2023

Hora do Planeta 2023

A Deputación de Pontevedra súmase hoxe sábado, 25 de marzo, entre ás 20:30 e 21:30 horas, á “Hora do Planeta”, unha acción que naceu fai 16 anos promovida pola organización WWF en prol da defensa da natureza e do medio ambiente. Deste xeito, o Goberno provincial apagará as luces de todos os seus edificios e sedes, uníndose a esta iniciativa da ONG pola que milleiros de cidades, institucións e persoas do mundo amosarán o apoio á acción conxunta contra o cambio climático.

En Pontevedra, a Deputación apagarás as luces na sede do Pazo Provincial, as do Edificio Administrativo e as da se de Turismo Rías Baixas (Palacete das Mendoza); en Vigo, fará o mesmo na sede provincial da rúa Chao. A Administración provincial ten un firme compromiso co medio ambiente, impulsando e liderando numerosas iniciativas para deter e reverter a perda da natureza. Con esta acción simbólica, de apagado de alumeado, a Deputación pretende facer reflexionar á cidadanía sobre o dano que estamos a provocar á natureza e como pequenos xestos poden contribuír a palialos e a construír, así, un planeta con garantías de futuro.

Dende a ONG salientan que esta década debe ser un punto de inflexión, que debemos por en valor a natureza e priorizar a súa recuperación xunto a do noso clima. Os vindeiros sete anos serán cruciais para determinar o mantemento dentro dos nosos límites planetarios, ou pasaremos a un estado de degradación ambiental irreversible e de cambio climático que desembocará en graves implicacións socioeconómicas. O obxectivo é actuar agora para que non se poña en perigo a nosa calidade de vida e a das xeracións vindeiras.