A vicepresidenta, Luisa Sánchez, tende pontes co Club Vigo Voleibol para impulsar o deporte na cidade

01/04/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, mantivo este luns na Sede de Vigo un encontro de traballo con Guillermo Touza, presidente do Club Vigo Voleibol desde hai máis de cinco décadas. Durante o encontro, ambas as institucións amosaron a súa vontade de estreitar os seus lazos para explorar posibles vías de colaboración que permitan impulsar esta modalidade deportiva na cidade de Vigo e no conxunto da provincia