#CULTURA

"Pontevedra provincia, plató de cinema"

Patrocinios con entidades privadas no ámbito de producións audiovisuais

Dentro do ámbito competencial provincial, a Deputación de Pontevedra desenvolve diferentes liñas de apoio a actividades culturais, artísticas e de fomento do uso da lingua galega que se desenvolven na provincia.


Unha das fórmulas de promoción que mellor retorno sobre o investimento xeran é o patrocinio de eventos de todas as índoles: culturais, artísticos, deportivos e outros. As actividades de promoción do sector audiovisual revisten un especial interese polo obxecto destas, así como pola súa repercusión nos medios de comunicación, en tanto que a proxección de produtos audiovisuais leva asociada unha programación de difusión en diferentes medios, televisión e/ou cines e festivais, co que, en certos casos e segundo o éxito do filme, poden acadar proxección internacional e ser un medio especialmente idóneo para publicitar a provincia.

Asociar a imaxe da Deputación a este tipo de actividades, que, en canto realizadas en lingua galega e principalmente en escenarios localizados na provincia, encaixa cos obxectivos de promoción cultural e turística desta entidade, supón importantes vantaxes de difusión en diferentes medios cun impacto global importante, o que xustifica o interese no patrocinio deste tipo de actividades.

Co fin de levar a cabo actuacións de promoción cultural e turística da provincia de Pontevedra e apoiar o auxe do audiovisual galego rodado na nosa provincia, a Deputación de Pontevedra determina as condicións xerais para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas que desenvolvan proxectos audiovisuais ou obras de animación en galego que melloren a visibilidade e a notoriedade da provincia de Pontevedra.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.