Axenda de actividades provinciais

Exposicion "O río que nos move. En canoa polos 317 km do pai Miño"

Do 02/09/2026 ao 24/09/2026
Sala de exposicións do Edificio Francisco Sánchez, Tui
O río que nos move

A Deputación de Pontevedra e a Asociación Cultural 40 Anos do Descenso do Miño presentan un proxecto expositivo en tres concellos do Baixo Miño (Tui, O Rosal e A Guarda), dentro do ciclo de exposicións que se levarán a cabo nun total de oito concellos do curso do gran río de Galicia (Meira, Lugo, Portomarín, Ourense, Castrelo de Miño e os tres citados da provincia de Pontevedra).

Información

​​​​​​​Inauguración e coloquio: mércores 2 de setembro, ás 19 h

Horario

  • De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h e de 15:30 a 20:30 h
  • Sábados, de 9:00 a 13:00 h

Máis información