Axenda de actividades provinciais

Mulleres de palabra(S): obradoiro para ler narrativa

16/06/2025 19:00
Salón de actos do edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra

Ao longo da historia, a escritura das mulleres foi considerada fútil, sentimental e mesmo demasiado persoal. O uso da primeira persoa feminina era un pecado que moitas escritoras se esmeraron en ocultar ou disimular, aínda cando os seus colegas homes se beneficiaron do eu para todas as súas creacións artísticas. Desde o uso do pseudónimo á creación de personaxes e narradores masculinos, pasando polas novas fórmulas da autoficción, a literatura feita por mulleres estivo, tamén desde o principio, vinculada á propia experiencia feminina. O persoal fíxose literatura e a literatura transcendeu a través das xeracións para conservar a memoria escrita da metade da humanidade.

Información