#TRANSPARENCIA

Normativa en tramitación


Consulta pública previa

O trámite de consulta pública previa ten por obxecto solicitar a opinión da cidadanía, organizacións e asociacións antes da elaboración dun proxecto normativo.

De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de disposicións normativas, con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto, tramitarase unha consulta pública, a través deste apartado do portal, co obxecto de recoller a opinión das e dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.

A continuación recóllese a lista das iniciativas e propostas normativas obxecto de consulta. Está ordenada por data de publicación, de máis recente a máis antiga:

Continua

Trámite de audiencia

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno favorece a consolidación dunha sociedade participativa e representa unha nova forma de entender as relacións entre a Administración e a cidadanía, proporcionando medios para a rendición de contas, establecendo obrigas de transparencia e articulando o dereito de acceso á información.

Segundo o artigo 7 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra, publícanse as disposicións de carácter xeral que deben ser sometidas a un período de información pública durante a súa tramitación.

Durante o prazo de envío das suxestións as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitilas a través dun formulario que se habilitará para cada normativa. Deste xeito, o órgano encargado da tramitación do texto do proxecto poderá asumir ou rexeitar as súas proposicións, suxestións ou recomendacións a través dun informe final, no que constará a resposta razoada a cada caso, agás naqueles de recoñecida e notoria urxencia. Neste último suposto a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

Debe terse en conta que a presentación de propostas non lle atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento, e tamén que o previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública nos supostos nos que sexa preceptivo, de acordo coa normativa de aplicación.

Aprobación inicial