![Aquí faltan páxinas](/documents/37861/7118419/1800x500_afp.jpg/097a3b1a-7073-86f0-1b35-c2bb239b6281?t=1708596603563)
![A BELLA OTERO](/documents/37861/7118419/11_carolina_otero.jpg/18d3e3dc-862a-553f-c2cc-899168fb188d?t=1708596603946)
LA BELLA OTERO
Unha icona da belle époque
Bailarina, cantante, actriz e cortesá, La Bella Otero converteuse nunha das personaxes máis emblemáticas do París galante da belle époque. Mentiu, inventou e fabulou coma ninguén para esconder un pasado traumático que a obrigou a fuxir de Valga con só 12 anos, tras unha brutal violación. Construíuse unha historia perfectamente calculada para catapultala á fama, á fortuna e ao corazón de ricos e poderosos admiradores aos que xamais conseguiu entregarse por completo porque lle resultaba imposible confiar nos homes. Segundo ela mesma declarou, a súa verdadeira paixón foi o xogo. Morreu na Costa Azul, apartada do foco público, e con ela din que morreu tamén a propia belle époque.
podcast
ROTEIRO
![leyenda](/documents/37861/2988363/descricion_lugares_roteiro_transparente.png/8dd6f9fd-60a2-077c-9a51-80a5a854e299?t=1676966688458)
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
A Bela Otero. Unha icona da belle époque