#TRANSPARENCIA

Indicadores de transparencia

Deputación de Pontevedra

A publicación dos indicadores de transparencia está orientada a medir o nivel de transparencia da Deputación a través da avaliación de datos e da información publicada no portal institucional. A Deputación de Pontevedra, como mostra do seu compromiso coa transparencia e na busca dunha cidadanía informada, publica unha lista de indicadores que recollen dun xeito global a información dispoñible na web agrupada en distintos ámbitos de actuación.


Os indicadores de transparencia son auditados por Dyntra, unha plataforma colaborativa que traballa na medición e xestión de goberno aberto a través da análise dos datos públicos dun xeito non partidista e obxectivo. Con estes datos elabóranse distintas clasificacións, entre elas a das deputacións provinciais.

Información sobre a Deputación
Comunicación e publicidade institucional
Participación e relación coa cidadanía
Transparencia económico-financeira
Contratación de servizos
Servizos e apoio aos municipios
A presidenta