
NAIS CONTRA A DROGA
Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade
A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderouse deles, levounos e, a algúns, tamén os apagou. Non sabían que lles pasaba. A maioría delas atopou “bolsas que parecían chocolate” nos seus fogares sen teren nin idea do que era. Aprendérono xuntas.
Ler máis
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
NAIS CONTRA A DROGA. Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade
Luns 24 de novembro de 2025 | 18h
Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo
Participan:
- Tonina Díaz, fundadora da Asociación Érguete.
- Elvira Vázquez, Asociación Érguete.
- Dora Carrera, vicepresidenta honorífica da Asociación Érguete.
- Asunción Lago. Asociación Érguete.
- Elvira Rivas, directora da Asociación Érguete.
- Sonia Fernández Vilar, avogada e vicepresidenta da Asociación Érguete.