
RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS
A primeira muller que asinou proxectos de arquitectura en España
Rita Eugenia Benedicta Fernández Queimadelos naceu na Cañiza, nun fogar de comerciantes, propietarios da mercería La Modernista, en Ourense. Interesouse na arquitectura posiblemente por influencia do seu avó materno, Eduardo Queimadelos Ribera, que exercía de agrimensor na Cañiza, e tamén polos traballos de carpintería que se levaban a cabo habitualmente na súa casa. A pesar da oposición inicial do seu pai, co apoio decisivo das súas avoas, especialmente da materna, confirmou a súa vocación e conseguiu estudar arquitectura en Madrid como parte da primeira xeración de arquitectas españolas.
Ler máis