#LINGUA
Aula Castelao de Pontevedra
Semana Galega de Filosofía
A Deputación apoia outro ano máis a Semana Galega de Filosofía da Aula Castelao de Pontevedra, que chega á súa cuadraxésimo segunda edición
A Deputación de Pontevedra achega unha axuda económica anual para realizar a Semana Galega de Filosofía, que este 2026 tratará sobre "filosofía e alimento". Como institución vertebradora, próxima á cidadanía e co propósito de sempre axudar no seu benestar, debido ao seu carácter de Administración local, vén apoiando este evento da Aula Castelao de Filosofía, pois o coñecemento e a reflexión que esta promove ten que ver co noso aquí e o noso agora: coas súas actividades procura establecer un diálogo entre o pensamento do pobo e a investigación académica, e en concreto desde o pobo galego, dándolle voz a colectivos, sexos e relatos máis invisibilizados: a filosofía como medio de liberación, como medio para construír un mundo mellor.
Nesta edición, os relatorios versarán sobre "filosofía e alimento" e contarán coa participación de recoñecidas e recoñecidos estudosos e autores de diversos ámbitos, desde o humanístico ao científico. Do 6 ao 10 de abril no Teatro Principal de Pontevedra. Ademais, esta actividade conta como formación para o profesorado.