Ateneo Provincial pola Igualdade
Biblioteca Mulleres de Palabra(s)
para centros de educación primaria e secundaria
Biblioteca itinerante dirixida aos centros de educación primaria e secundaria da provincia de Pontevedra.
As recomendacións literarias da primeira edición e a obra das autoras participantes chegarán aos centros escolares e institutos de educación secundaria da provincia na nosa biblioteca ambulante, que permitirá achegarlles as historias escritas por mulleres ao alumnado, ao persoal docente e ás familias.
Coa itinerancia da biblioteca, facilitaráselle ao centro a listaxe de títulos, ordenada por xéneros e por idade do público lector, e tamén os nomes das autoras que poden estar dispoñibles para visitar os centros, coñecer a nosa biblioteca e manter encontros co alumnado ou participar en clubs de lectura dos centros escollidos. A visita das autoras é un ofrecemento ao centro que acolla a biblioteca.
Formato:
- Préstamo do soporte da Biblioteca Mulleres de Palabra(s) con fondos bibliográficos.
- Encontro con escritoras.
Procedemento:
- Solicitude na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra por parte da Dirección do centro escolar.
Estancia mínima:
- Un mes.