Camelia xapónica 'Rubescens Major'

Camelia japonica ‘Rubescens Major’

Camelia japonica ‘Rubescens Major’

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración no inverno e na primavera

Orixe: orixinada en Nantes (Francia) a finais do século XIX.

Porte e altura: planta arbustiva e compacta, de porte erguido e crecemento medio.

Follas: escuras e brillantes, de entre 11 e 12 cm de longo e 5,5 e 6,5 cm de ancho, con forma variable de elíptica a oval, marxe dentada e ápice apuntado.

Flores: grandes, de 11 cm de diámetro, cor vermella-rosa carmín, forma de rosa cun característico centro de pétalos moi apertados antes de abrir completamente. O número de pétalos pode superar os 40, e son anchos, redondeados e coa marxe lisa e incisa. Ás veces, cando a flor está completamente aberta poden verse algúns estames.

Outros datos: floración moi longa que se estende desde decembro ata mediados de maio.

Usos e curiosidades: utilízase como planta ornamental. Foi rexistrada por Henri Guichard en Nantes en 1886 e confundida con ‘Paolina Guichardini’. Recibiu o Premio ao Mérito da Real Sociedade de Horticultura en 1959.

Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma.