Camelia sasanqua 'Narumigata'

Camelia sasanqua 'Narumigata'

Camelia sasanqua 'Narumigata'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración: otoñal

Orixe: O Xapón

Porte: arbusto ou pequena árbore vigorosa e resistente, de crecemento rápido e porte lixeiramente aberto. Pode superar os 6 m de altura

Follas: de elípticas a lanceoladas, de 6 cm de longo e 3 cm de ancho, de cor verde escura, coa marxe serrada e o ápice apuntado

Froito: globoso, de cor avermellada cando está maduro, rugoso e cuberto de lanuxe

Flor: de forma simple a semidobre, con forma de copa, olorosas, de 7 a 8 cm de diámetro, e de cor branca coa marxe de cor rosa clara; con numerosos estames e filamentos de cor amarela clara

Outros datos: a súa floración é temperá, moi abundante pero breve, e abarca de outubro a novembro

Utilidades: a súa descrición publicouse por primeira vez en 1898. Foi importada a América en 1930. É un cultivar moi utilizado en hibridación con reticulatas para obter novos híbridos ornamentais

Necesidades: cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma