Camelia sasanqua 'Navajo'

Camellia sasanqua 'Navajo'

Camelia sasanqua 'Navajo'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración no outono e principios do inverno

Orixe: nativa do Xapón.

Porte e altura: arbusto ou pequena árbore vigorosa, de crecemento rápido e porte erguido.

Follas: escuras, duns 7 cm de longo e 2,5 cm de ancho, elípticas a lanceoladas, coa marxe lixeiramente dentada, co ápice apuntado a acuminado e coa base aguda.

Flores: de 6,5 a 8 cm de diámetro, simples a semidobres, con 7 a 11 pétalos brancos marxinados de rosa fucsia, redondeados a irregulares, coa marxe ondulada ou cordada, e estames cos filamentos amarelos.

Froito: cápsula ovoide.

Outros datos: florece no outono, de setembro a finais de novembro. Esta variedade foi comprada por Nuccio’s Nurseries, California (EUA); formaba parte dunha colección de camelias que orixinalmente viñan do Xapón, pero o nome perdeuse e pasou a chamarse ‘Navajo’.

Usos e curiosidades: cultívase como planta ornamental.

Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes.