Camelia transnokoensis

Camellia transnokoensis Hayata

Camelia transnokoensis

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración: no inverno e na primavera

Orixe: especie nativa de Taiwán (A China).

Porte e altura: arbusto ou pequena árbore de crecemento rápido que pode alcanzar os 7 m de altura no seu hábitat natural.

Follas: elípticas, agudas ou acuminadas, coa marxe serrada, ápice agudo a acuminado e base cuneiforme a redondeada, de 1,3 a 4 cm de longo, e de 0,7 a 2 cm de ancho.

Flores : brancas acampanadas, con manchas rosas nos seus pétalos máis externos, terminais e axilares, duns 3 ou 4 cm de diámetro, simples, con 5 ou 6 pétalos lixeiramente escotados.

Froito: cápsula ovoide cun lixeiro pico no seu punto de inserción co estilo, de 1 a 1,5 cm de longo, glabra.

Outros datos: floración moi abundante, desde o inverno ata principios da primavera.

Usos e curiosidades: cultívase como planta ornamental e para obter híbridos; é moi aromática.

Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma.